Houbo un tempo en que os colexios celebraban o Día do Pai facendo que os nenos elaborasen un regaliño para os seus pais. Este costume perdeuse e hoxe só o fan os centros comerciais.
Dende a biblioteca queremos recomendarte un excelente libro feito por un pai, Miguel Gallardo, xunto coa súa filla María Gallardo, que padece un trastorno autista. Feito coa tenrura propia dun pai e a xenialidade dun dos grandes da novela gráfica actual. Magnífico e para tódalas edades. Atoparalo ao teu alcance na biblioteca.
1 comentario:
oh, moi entrañable!!!! jaja una granidea ese libro, ideas dese tipo teriamolas que ter todos
Publicar un comentario