miércoles, 18 de febrero de 2009
O bibliofiz cumpre un ano
Hai que ver que pouco nos preocupamos deste pequeno. O pasado 12 de febreiro o Bibliofiz estivo de aniversario e as que o “parimos” nin sequera o felicitamos. Menos mal que entre todos o imos criando e alimentandoo con palabras, fotos, vídeos, música e moitos comentarios. Si é que a este blog vaille todo e así o demostran as noventa e tres entradas publicadas ata o día de hoxe. Eso sí, con respeto, educación e moito cariño polas nosas actividades e a nosa cultura.
Din os que saben desto que a meirande parte dos blogs morren nos primeiros meses da súa existencia. Intentaremos que o noso non desfallezca e non pille nin un catarro. Entretanto, grazas a todos os que nos ledes, votades ou simplemente cotilleades o que se move polo “Gregorio”.
O equipo do Bibliofiz (no que, por certo, non abundan os homes) sigue ahí e seguirá a dar moita guerra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Pasou xa un ano, quen o diría?, dende que esta ferramenta, que é o blog da biblioteca, nos amosa día a día a cantidade de cousas que se están a facer dende un lugar que deixou de ser para sempre un almacén de libros ordenados. Isto é outra cousa, donas e cabaleiros, apúntense ao carro do futuro, e, por suposto, felicidades a todas as que facedes posible este espazo virtual e tamén a todas e todos os que entrades a observar o que aquí ocorre.
O blogueiro impertinente
Como o meu propio nome indica son un adicto ás bitácoras, blogs, ou como se chamen, e, por suposto, sigo esta dende o seu nacemento, e, ademais, gústame moito, e, por outro lado,... creo que me estou enrollando moito. Ata outra. Felicidades!!!!
Pepiño Bitá Cora
Noraboa por ese ano de traballo tan ben feito! Saúdos dende Ars Legendi, do CPI San Vicente, A Baña
Dende o IES Monte Carrasco de Cangas tamén queremos enviarvos os nosos parabéns. O noso blog da biblioteca acaba de nacer e agardamos converternos no irmán pequeno do Bibliofiz para aprender a camiñar pronto á súa sombra.
Unha aperta mariñeira dende o sur da Galiza, e a seguir adiante...
Ofaladoiro
pois eu firmo dende dentro, como alumna do ies, alegrome polo aniversario, ainda que non o visite tan amiudo como os profesores quixeran, pero menos da unha pedra como se di por ahi.
parabens bibliofiz
Pois moitas felicidades logo! seguide así que ides por moi bo camiño!!
un saudo
Publicar un comentario