Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 24 de noviembre de 2008

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA AS MULLERES



Co gallo do 25 de novembro, a biblioteca Fiz Vergara Vilariño e o Equipo de Normalización Lingüística teñen previsto o seguinte programa de actividades:
Do 20 ao 30 de novembro:
- Recollida e pegado de noticias relacionadas coa violencia contra a muller.
- Instalación dun panel para recoller os comentarios que queiran achegar tódolos membros da comunidade educativa.
-Exposición de libros e películas relacionados co tema.
Martes, 25 de novembro:- Charla a cargo da psicopedagoga Mercedes Mourenza para alumnos de ESO, 1º e 2º Bacharelato e Ciclos no salón de actos ás 11:35 h.
Venres, 28 de novembro :- Proxeccións de curtametraxes sobre a violencia cara ás mulleres durante o recreo na biblioteca.

3 comentarios:

bibliofiz dijo...

“Contra a Violencia de Xénero”

O día 25 de novembro, martes, cumprindo algúns dos puntos sinalados na
programación de principios deste curso 2008-2009, entre outros, estaba a
posibilidade tratar temas transversais, nesta ocasión e, coincidindo co día “Contra a Violencia de Xénero”, pensamaos para falarmos do tema, en Mercedes Mourenza, psicopedagoga.

Da súa conferencia salientamos as seguintes ideas:
A violencia de xénero é universal e dáse en todas as culturas e clases sociais. A violencia pode ser física, psicolóxica ou sexual.
Non empreguemos, non fagamos chistes, refráns, ditos sobre as mulleres; isto pode ser unha forma de xustificar e ironizar sobre as situacións de desigualdade das mulleres.
Existen indicadores para previr a violencia de xénero.
Unha frase para lembrar:
MEDO DA MULLER Á
VIOLENCIA DO HOME,
MEDO DO HOME Á
MULLER SEN MEDOS (Eduardo Galeano)
Existen moitos tópicos ou crenzas erróneas arredor da violencia, algúns deles:
.- A muller aínda que diga que non, quere dicir que pode ser.
.- Dereito a posuír.
.- É preferible aguantar antes de...
.- Se queres a alguén tes que satisfacer os seus desexos.
.- Os homes que agreden ás súas parellas están tolos.
.- A violencia prodúcese pola perda momentánea de control. Etc, etc.
POR TI QUE NON QUEDE ABONDA!
Xustificacións dos maltratadores:
.- Non fixen nada.
.- Toda a culpa é dela, non para de provocarme.
.- O problema é que estou sen traballo...
Dicir que a charla conferencia de hoxe abondou nas ideas doutras conferencias que xa se teñen celebrado no IES Gregorio Fernández, sendo este ano a terceira conferencia que se imparte.
Pensamos que foi unha conferencia de interese para o alumnado de BAC e CICLOS e, para a comunidade escolar en xeral


Manolo Muñiz

bibliofiz dijo...

Por moito que haxa xente á que lle moleste non debemos preocuparnos, esas molestias non nos molestan, moléstannos máis as dos asasinos de mulleres indefensas.
Eduardo

Anónimo dijo...

CReo que todos deberiamos pensar en facer algo para evitalo.
Non sirve de nada lamentarse do ocurrido se non facemos nada para empedilo.



JennY :)