Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 28 de octubre de 2008

Xosé Tomás, entre nós


O ilustrador e profesor Xosé Tomás estivo o 27 de outubro entre nós para impartir un obradoiro de ilustración aos rapaces de 1º e 2º de ESO. Resultou francamente entretido e didáctico o seu relatorio sobre a banda deseñada.
Coma debuxante, Xosé Tomás diversifica o seu traballo entre a ilustración, a banda deseñada, o humor gráfico en prensa, concretamente realiza viñetas para La Voz de Galicia e Tempos Novos, o cartelismo e os materiais multimedia.
Ten ilustrado e participado en máis de trinta títulos de literatura infantil, novela xuvenil e libros de texto.

Agasallounos con dous exemplares da súa última obra: Tolos, que ven de publicar coa Universidade da Coruña.

1 comentario:

anasus dijo...

Que sorpresa! No CPI San Vicente estamos esta semana co EXPOCÓMIC-2008 e, entre outras actividades, temos programada a súa visita para mañá! Este home non para... Impartirá un obradoiro de cómic para toda a ESO.
Xa vos contaremos que tal foi a experiencia. Saúdos dende A Baña.