Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 22 de abril de 2008

I Concurso blogueiro on-line "Confieso que he leído"

Convidámosvos a participar neste concurso. Lede as súas bases e confesade algunha das vosas lecturas... De gañardes nalgunha das categorías establecidas, poderedes gozar dunha viaxe á fin de curso!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola compañeiros e compañeiras.

"Confieso que he leído" Irmán do vento, un libro que me encantou.
Trata dun neno que se chama Khaled, e que é iraquí. Este libro contanos a súa historia que foi moi dura debida a recente guerra de Iraq.Khaled é un rapaz coma outro calquera, con soños, amigos, familia coma ti ou coma min. Pero chega a guerra e todo cambia para el. Khaled contanos a súa vida, todo o que lle pasa a través de unhas cartas que lle escribe ao suposto fillo dun arqueólogo que coñeceu cando era cativo.
Contarvos tamén para aqueles apaixonados dos libros de amor que nesta historia ademáis de tristura, hay momentos felices e incluso dicirvos que Khaled se enamora.
Sinto non poder servos de máis axuda e contarvos a historia pero e que se vola conto xa non a leredes e é un libro que de verdade marca e que merece a pena ler. A min quedoume chantado na ialma quizais porque sabía que nuns meses chegaría o neno saharaui que iba acoller e que me cambiaría a vida.


Por certo, son Gloria.

Anónimo dijo...

Hola son Xenxo de 3º ESO B confeso que teño lido Corredores de Sombra, foi un libro que me gustou moito. Trata dunha rapaza chamada Clara que no pazo do seu pai descubre un esqueleto, e a partir de ahí comeza unha etapa que lle fará cambiar a vida.

Chao.

Anónimo dijo...

Confeso que lin pasa-lo límite que trata dun rapaz que lle facían falla cartos e para eso fala cun veciño seu que traballaba coa mafía. díxolle que lle deixara gardar a droga na súa casa que tiña moito terreo o redor e o final o rapaz acabase convertindo traficante.

espero ser o gañador deste concurso jeje. Que o pasedes ven.
Porcerto son Rubén López Rodríguez de 3º B

bibliofiz dijo...

Confieso que he leído mucho, muchísimo, pero mucho menos de lo que quisiera. Cuando era pequeña y los tiempos eran otros, todo estaba medido y racionado. Teníamos lo justo y necesario, nada más. Por aquel entonces, la biblioteca era para mí un palacio, un gran centro comercial por aquel entonces inimaginable donde todo era posible. Entraba en ella y nadie me decía “hoy no toca”, “hoy no podemos”. Todo estaba al alcance y era gratis en la biblioteca, en la antigua Pública Municipal de Sarria. Estaban los Siete Secretos, los Cinco, las aventuras de Esther, Mortadelo y Filemón, Lucky Luke y por supuesto todos los libros obligados y no tan apetecibles que el colegio mandaba. El palacio sigue ahí, los grandes centros culturales siguen siendo las bibliotecas, pero ahora somos más e incluso mejores
Una apasionada de las bibliotecas

Anónimo dijo...

Hola son Diego López de 3ºB e confeso que teño lido "La rosa del desierto" está moi ben e recomendoa. O libro trata de unha nena que perde a seu pai nunha tormenta do deserto e embarcase na busqueda de seu pai e conoce a uns homes que visten unhas túnicas azuis e fanse chamar Tuaregs e eles axudanlle a buscalo, metese en un burato no que ahi alacrans e bueno a rosa do deserto axudalle a encontrar a seu pai.
Adeus

Anónimo dijo...

Soy Lucia Mato Lopez,2ºE.S.O confeso que teño lido: "Cartas de inverno"( Agustín Fernández Paz). E un libro moi intrigante,cando comenzas a lelo non podes parar ata rematalo.É un libro de intriga, trata de un rapaz chamado Xavier que a sua volta a Galicia atópase cás cartas do seu amigo Adrián que lle escribira durante a sua ausencia. No contido destas cartas Xavier descobre os estraños sucesos que esta a vivir Adrián na sua nova casa...
Esta novela gustaralle a todos aqueles apaixonados das novelas de intriga.
Recomendovos que a leades.